Saturday 27 de April de 2024

O Concello asina o primeiro convenio colectivo para o persoal laboral da súa historia


• Tras meses de negociacións, Manuel Vázquez Faraldo e a concelleira de Persoal, Emma González, asinaron esta semana o documento xunto con representantes sindicais do persoal laboral municipal.

• O alcalde expresou a súa satisfacción por “corrixir esta deficiencia de anos” e lembrou “a obrigatoriedade de servir á cidadanía con eficacia”.

O Concello de Miño asina o primeiro convenio colectivo para o persoal laboral da súa historia. Tras meses de negociacións entre os representantes sindicais e o Concello, esta semana o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e a concelleira de Persoal, Emma González, asinaron cos representantes sindicais do persoal laboral municipal o documento que actualiza as súas condicións.

O rexedor expresou a súa satisfacción por “corrixir esta deficiencia de anos” e durante o acto lembrou “a obriga de cantos traballan na administración de servir á cidadanía con eficacia, eficiencia e boa atención, ou que é cábese aínda máis importante na administración local, a máis próxima á veciñanza”.